A Agrupación Musical da Limia ofrece un concerto de Aninovo

concertoaninovo
A Agrupación Musical da Limia ofrece un concerto de Aninovo

Terá lugar na Igrexa Nova de Xinzo de Limia.

A Agrupación Musical da Limia ofrecerá, o vindeiro sábado 7 de xaneiro, o seu Concerto de Aninovo. Terá lugar na Igrexa Nova de Xinzo de Limia e a el están convidados todos os veciños e visitantes que estean a pasar estas últimas datas do Nadal pola comarca.

A actuación dará comezo ás 20:30 horas e na súa organización participan o Concello de Xinzo de Limia e a Parroquia de Santa Mariña.