Patricia F.S
31 de diciembre de 2015, 11:39
A Agrupación da Limia prepara un concerto especial para o primeiro día do ano. A cita é a partir das 20.15h na Igrexa de Santa Mariña. Será unha actuación memorable pois a agrupación está de celebración no seu 10 aniversario.
Dende a organización sinalan que será o día da estrea de Antioquía, unha marcha de procesion de Israel Alonso. Sinalan que queren que sexa un agasallo para a Parroquia de Santa Mariña polo seu 50 anversario e "en especial para os párrocos, Don Jaime e Don Tomás, benefactores da agrupación", apuntan.