O Alpinche e Hombres G dan saída á oitava edición da Ourense ICC Week

Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) presenta os concertos da próxima edicción da ICCWEK acompañado de Juan Rivas Pires (Organizador da ICCWEEK), Aurelio Gómez Villar (asesor de cultura da Deputación Ourense) e Susan Ramos García
O Alpinche e Hombres G dan saída á oitava edición da Ourense ICC Week

O mítico vehículo de Estanislao Reverter será a imaxe desta edición. "O Alpinche, unha imaxe icónica da nosa historia, ten moito que ver co espírito creativo da Ourense ICC Week", sinalou o presidente da Deputación, Manuel Baltar, que tamén destacou a programación musical, co grupo de David Summers coma abandeirado dun ciclo no que tamén estarán, entre outros, Amaro Ferreiro

Ourense volverá a ser, entre os días 22 e 29 de abril, o centro neurálxico das industrias culturais e creativas coa celebración da oitava edición da Ourense ICC Week, organizada pola Deputación de Ourense e que contará co mítico Alpinche como imaxe oficial e aos Hombres G capitaneando a aposta musical. O presidente da entidade provincial, Manuel Baltar, destacou esta mañá na presentación da imaxe oficial e o apartado musical do evento que este é "un proxecto cultural posto en marcha fai anos e que xa está consolidado como unha referencia a nivel nacional. Seguro que os aficionados ourensáns a distintas disciplinas verán con moito agrado estas ideas e referencias". Manuel Baltar, que estivo acompañado polo coordinador técnico da ICC Week, Juan Rivas; o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar e a técnica Susana Ramos, avanzou que "esta nova programación fará desta a mellor edición das Ourense ICC Week que se fixeron ata agora".

A imaxe elixida supón todo unha icona e unha referencia da cultura emprendedora feita en Ourense que transcendeu fronteiras: o Alpinche de Estanislao Reverter, un vehículo mítico e único, exemplo da creatividade aplicada á competición. "A imaxe deste ano ten moito que ver co espírito da ICC Week. Falamos das industrias culturais e creativas, e se hai cultura arredor do deporte e se hai creatividade alí está o Alpinche, esa creación de Estanislao Reverter recuperada gracias ao esforzo da Deputación. De novo voltaremos a escoitar o seu motor. É unha imaxe icónica da nosa historia", incidiu Manuel Baltar.

Estanislao Reverter é considerado o pai do automobilismo galego, no que acadou grandes éxitos como piloto oficial e como creador na competición. Foi, entre outras cousas, un grande investigador da mecánica. O recoñecido Alpinche foi construído por Reverter no taller da súa casa, combinando dous vehículos: carrocería Alpine e motor Porsche.

Hombres G como gran atractivo da ICC Music

Esta oitava edición xira arredor das iconas tamén no eido musical, coa presenza de Hombres G, banda formada por David Summers, Rafa Muñoz, Dani Mezquita y Javi Molina nos anos 80 e que deu un novo sentido ao fenómeno fan. Cancións como "Venecia", "Voy a pasármelo bien" ou "Devuélveme a mi chica" forman parte, sen dúbida do colectivo imaxinario de varias xeracións do país. Doce albumes de estudio ata o momento demostran o porqué do seu éxito sen deixar de crear e compoñer. "Voltarán dunha xira exitosa por Sudamérica e cun LP novo. Estarán aquí, no único concerto de Galicia, no pavillón Paco Paz o 23 de abril, sábado, as 21,00 horas. Para os máis novos da casa, e tamén para os menos novos, seguro será un atractivo máis que suficiente dentro desta ICC Music", destaca Manuel Baltar.

As entradas para o concerto de Hombres G, que se celebrará no Paco Paz o sábado 23 de abril (21,00 horas), estarán a venda dende mañá sábado, 12 de marzo, en ataquilla.com

As citas musicais complementaranse coa presenza de Amaro Ferreiro, Tandub e Colectivo da Silva o domingo día 24, ademais do concerto do mércores 27, por conta de Habitación Vudú. Manuel Baltar sinalou que son "nomes polos que, como sempre, temos que felicitar al coordinador técnico das xornadas, Juan Rivas, sen dúbida, acertou de novo". O presidente da Deputación rematou esta presentación da imaxe oficial da ICC Week e o ciclo musical lembrando que esta será "unha edición na que a iconografía terá unha importante presenza, co Alpinche como imaxe, e onde a música tamén será relevante."