A Arca da Noe enche esta fin de semana con novos concertos e actividades

arca da noe
A Arca da Noe enche esta fin de semana con novos concertos e actividades

O local cultural por excelencia da comarca da Limia volve encher a súa axenda con música e outros eventos.

A Arca da Noe, situada en Vilar de Santos, volve encher a fin de semana de eventos culturais e musicais para facer máis levadeira a vida a limiáns residentes e visitantes.

Este venres, 23 de febreiro, a partir das 22:00 horas, terá lugar un concerto de El Pau.

Xa o sábado, a partir das 20:00 horas, Borxa Colmenero presentará, acompañado do exrexedor do municipio, Xosé Antón Jardón Dacal, o seu novo libro "Vidas culpábeis". A partir das 22:00 h coltará a música da man de Milesios Folk.

O domingo, 25 de febreiro, haberá un concerto-presentación das memorias de Luis Pastor "Qué fue de los cantatorres? Memorias en verso".