A Arca da Noe enche de música a Limia polo Nadal

24172889_1708988802499326_4138947178566136078_o
A Arca da Noe enche de música a Limia polo Nadal

O local cultural de Vilar de Santos programa varios concertos para esta fin de semana.

Por todos é xa coñecido o local cultural por excelencia da comarca da Limia e do sur de Ourense. A Arca da Noe, situada en Vilar de Santos sempre nos sorprende dando a coñecer a músicos novos ou traendo a grandes figuras da música galega, estatal ou internacional.

Haber hai onde escoller. Pero o mellor é desfrutalos a todos.

Este venres, día 22 de decembro, comeza a súa programación de nadal co concerto da cantora Sheila María e máis de Raúl Chiocchio, músicas dos dous lados do Atlántico. O concerto comezará ás 22:00 horas da noite.

25439909_1727118284019711_7505139099543146389_o

Xa o sábado 23, os amantes do jazz poderánd esfrutar ás 13:30 horas do mediodía dun concertazo de jazz flamenco con La Puerta Sur. En La Puerta Sur constrúen arte Ton Risco –vibráfono–, Dani Domínguez –batería– e Joan Masan –baixo eléctrico. Pola noite, ás 22:00 horas, será o turno do cantor Anxo Blas.

Haber hai onde escoller. Pero o mellor é desfrutalos a todos.