A Arca da Noe organiza unha fin de semana de concertos con ritmos brasileiros e repertorios para bailar e cantar

arca
A Arca da Noe organiza unha fin de semana de concertos con ritmos brasileiros e repertorios para bailar e cantar

A Arca da Noe acolle esta noite un concerto de Narci Rodríguez e o seu "Afro Funk". Un proxecto que naceu en Brasil como unha idea de mesturar diferentes ritmos brasileiros cun estilo máis funk. Un concerto en acústico con voz e guitarra que dará comezo ás 22h.

O sábado día 3 de outubro pasa polo escenario Pablo Balseiro. O artista ten un repertorio formado por temas propios e versións variadas que van dende Kiko Veneno ou Joaquín Sabina ata Siniestro Total ou Extremoduro pasando por Manu Chao. Música variada e alegre para que o público poida acompañar a Pablo Balseiro cantando e bailando.

Os concertos son de balde e van ter lugar en A Arca da Noe.