A axenda cultural desta longa fin de semana trae concertos e humor ós locais da Limia

axenda cultural
A axenda cultural desta longa fin de semana trae concertos e humor ós locais da Limia

Esta noite a partir das 22h, A Arca da Noe, en Vilar de Santos, presenta o concerto de Valentín Caamaño Trío. Unha proposta de jazz de balde para comezar esta longa fin de semana.

O sábado 10 de outubro, A Corte dos Bois en Santa Ana, Sandiás, acolle o concerto de Breakin´Bones, unha prestixiosa banda de psychobilly. A actuación é de balde. Este mismo día, a Tapería O Gaiteiro de Xinzo de Limia é o escenario escollido por Javi Beatles para ofrecer un repertorio variado de versións. A cita é a partir das 22h e é de balde.

O domingo día 11 chega o rock and roll e o punk ó Urban Place, en Xinzo, da man do trío Mean Machine. As entradas custan 8€ anticipada. A cita musical dará comezo a partir das 22h. Un pouco antes ás 19h, A Arca da Noe acolle un concerto de balde da banda de música de Trasmiras. Se prefiren outra oferta cultural para este día que non sexa música, a cervecería Fiadeiro presenta o monólogo da artista Stephy Llaryora.

Por outra banda, o cince de Xinzo segue proxectando o filme El Desconocido o sábado 10 e luns 12 ás 17h, o mércores 14 e xoves 15 ás 20h. Chega unha película nova a carteleira Regresión do director Alejandro Amenábar. O horario é venres 9 ás 20.15h e 22.30h; sábado 10 e luns 12 ás 18,30h, 20.15h e 22.30h; mércores 14 e xoves 15 ás 21.30h.