A axenda da fin de semana contén humor e música pasando polos estreos da carteleira ( 13.05.2016)

cultura venres
A axenda da fin de semana contén humor e música pasando polos estreos da carteleira ( 13.05.2016)

O venres ven cargado de propostas musicais para tódolos públicos. A Arca da Noe en Vilar de Santos acolle un concerto destinado ós máis pequenos da man de Cé Orquestra Pantasma. Un espectáculos destinado ós máis cativos con moita música e actividades para que participen. A cita será ás 18h. Un pouco máis tarde, ás 22h, dará comezo o concerto do "home orquestra" destinado ó público adulto. Detrás de Cé Orquestra Pantasma está a figura do vigués César Freiría, un músico de vocación e profesión.

O sábado a xornada de ocio dá comezo ás 23h da noite na Corte dos Bois en Sandíás coa actuación de "Santos Morcegos". Rock and roll dende A Guarda da man de Jairo ó baixo, Álvaro na batería e Jose e Víctor ás guitarras.

Un pouco máis tarde, ás 00h, a Sala Clan de Xinzo presenta o mónologo de David Perdomo. Unha cita cun dos cómicos máis recoñecidos de Galicia que se presenta o seu espectáculo "En crudo".

O domingo a sesión vermuth corre a cargo de "Mundo chillón" na Arca da Noe ás 13.30h. Os madrileños chegan a Vilar de Santos coa súa música que recolle referencias ó esperpento de Valle-Inclán e ó humor absurdo de Azcona e José Luís Cuerda.

A carteleira do cine Gesma de Xinzo presenta o filme "Lobos sucios", unha historia ambientada na Galicia de 1944, onde os nazis explotan unha mina de wolframio, un mineral vital para o seu armamento que dirixe Simón Casal. As sesión están programadas para o venres 13, sábado 14, domingo 15, luns 16, martes 17 e xoves 19 ás 22.30h.

Outra das películas que se estrea para todos os públicos é "Tini, el gran cambio de Violetta". O filme arxentino recolle a vida de Violetta, unha cantante cunha carreira musical en auxe e unha vida persoal complicada. Unha viaxe cambiará a súa vida por completo. A película proxéctase o venres 13, sábado 14, domingo 15, luns 16 e martes 17 ás 18.10h e ás 20.15h.