A axenda da fin de semana de música e cine complétase coa visita do escritor Riveiro Coello

cultura venres
A axenda da fin de semana de música e cine complétase coa visita do escritor Riveiro Coello

Chegou o venres e con el as actividades de ocio programadas para esta fin de semana e que se extenden pola Limia.

A Arca da Noe en Vilar de Santos presenta para esta noite o concerto do cantautor Roberto Sobrado. O artista de Compostela estará acompañado por Rafa Campoy e deleitarán ó público co seu acústico. A cita é a partir das 22h.

Outro evento cultural para esta xornada lévanos a Xinzo de Limia. O escritor Antón Riveiro Coello acudirá ó café Ítaca para presentar o seu último libro "Os elefantes de Sokúrov", que acaba de recibir o Premio Fervenzas Narrativas. O acto dará comezo a partir das 20.30h.

O sábado preséntase en Lobios o traballo audiovisual "Patrimonio habitado", producido por Illa Bufarda. Unha viaxe polos distintos concellos que forman parte da Reserva da Biosfera. A proxección terá lugar ás 12.15 na sede do Parque Natural Baixa-Limia Xurés de Lobios.

Pola noite, A Arca da Noe acolle o concerto de La Pompé, con Angela Neto ó violín e Dennis Romero á guitarra. Un pouco de jazz francés con ritmos alegres a partir das 22h.

A carteleira do cine Gesma de Xinzo presenta a estrea de "100 años de perdón". Dirixida por Daniel Calparsoso, o filme recolle un atraco a unha sede bancaria de Valencia, un roubo limpo que remata complicándose tras descubrir un segredo oculto nunha das caixas de seguridade. A película está protagonizada por Luís Tosar, Rodrigo de la Serna e Patricia Vico, entre outros.

As sesións serán venres 4, sábado 5, domingo 6, luns 7, mércores 9 e xoves 10 ás 18.10h,20.15h e 22.30h.