Baile e música para a tarde do sábado

sábado
Baile e música para a tarde do sábado
Academia DANZÓN e ESMULI esta tarde noite en Xinzo

Como se de dúas canles de TV se tratase facéndose a contraprogramación a academia de bailes DANZÓN e a Escola de música da Limia fanse a competencia esta tarde/noite en Xinzo. A mesma hora 20:00 os veciños e veciñas, e sobre todo, pais, nais, avós e demais familia teranse que decidir a onde acudir, ou ben un anaco nun sitio e outro noutro.

A primeira das galas na Casa da Cultura e a segunda no xa seu tradicional sala de concertos a Igrexa Nova.

Dende aquí quixeramos facer un chamamento a quen corresponda de que todas as asociacións, academias escolas etc traballan a reo durante todo o ano para despois ofrecer un anaco do seu esforzo para que aqueles que queiran o poidan aproveitar. Non costa nada falarse e preguntarse, sobre todo aos organizadores/programadores, neste caso a Concellería de Cultura, para que non pase isto outra vez máis, e van xa un par delas. Os “egos” nestes casos non deben ser os principios nos que ensinemos aos nosos nenos e nenas, aínda que sexa nunha “bela arte”.