martes 7/12/21

Este venres, 4 de agosto, a Arca da Noe, o local cultural por excelencia de Vilar de Santos, celebra o seu III aniversario a partires das 19 horas.

Á 19:30 horas haberá cabaré para nenos e nenas con Nelson Quinteiro Cabaret. Ás 21 horas presentarase a exposición e proxecto de Músicas Galegas Ilustradas e ás 22 horas pecharase a xornada cun impresionante concerto de Malvela.

Así mesmo, o vindeiro domingo 6 de agosto, o violinista irlandés Eoghan Neff visitará a limia para ofrecer un concerto coa colaboración especial de Anxo Lorenzo.