BOADO DESCOBRE UN SÍMBOLO AGOCHADO

Monumento natural de interese xeolóxico
BOADO DESCOBRE UN SÍMBOLO AGOCHADO
“Con esta iniciativa esperamos incrementar o sentimento de orgullo de pertencer a unha comarca tan rural e celebrar tamén intercambio interxeracional de saberes”

Da man do Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, a veciñanza de Boado e Porto Alto organiza unha saída ó monte para mostrar un monumento natural para o que se teñen iniciado os trámites de declaración de Lugar de Interese Xeolóxico.

IMG-20230408-WA0004
IMG-20230408-WA0004

O promotor da actividade, Camilo Vila, explica que “é un bolo granítico cun fenómeno erosivo inusual nesta zona”. A actividade enmárcase no Proxecto de Recuperación de Aprendizaxes e Saberes que o CDR vén desenvolvendo na comarca dende o verán e que financia a Consellería de Política Social. “Con esta iniciativa esperamos incrementar o sentimento de orgullo de pertencer a unha comarca tan rural e celebrar tamén intercambio interxeracional de saberes” defende Vila.

A rocha en cuestión ten máis de quince metros cúbicos de granito, cun peso de cerca de corenta toneladas, ten un burato dun metro cúbico con formas singulares no interior, produto do paso do tempo e da auga.

Ademais da visita á pedra erosionada, o grupo pasará por un lavadoiro esquecido que noutrora foi epicentro da relacións veciñais de lugares coma Boado, Pidre ou Pena.

IMG-20230408-WA0005
Monumento arqueolóxico