Como cada venres achegámosvos a axenda cultural da fin de semana

axenda cultural
Como cada venres achegámosvos a axenda cultural da fin de semana

A fin de semana trae música de diferentes estilos para o sábado 17. O auditorio da Casa da Cultura de Xinzo acolle a VI edición do festival Coralimia. A partir das 20.30h dará comeza o festival de coros de música popular máis destacado da contorna. Sobre o escenario poderase disfrutar da actuación do coro Aimil de Xinzo e do coro Aires d´terra: o legado de Feijoo. Unha cita importante coa música popular que ademais é de balde. Outro estilo musical da terra e a outra hora é o da Foliada programada na Arca da Noe, en Vilar de Santos a partir das 21.30h. Quen o desexe pode acudir co seu instrumento e contribuír a facer unha festa de música tradicional.

Para rematar a noite do sábado un pouco de Rock da man de "Hijos de la sal" , que chegan dende Vigo. A cita é ás 22.30h no local Urban Place, en Xinzo. As entradas custan 6€ anticipada, 8€ no despacho de billetes.

En canto a carteleira de cine, estreo da película "Marte: operación rescate" con Matt Damon como protagonista. O horario de sesións é o seguinte: venres 16 ás 20.15h e 22.30h; sábado 17 e domingo 18 ás 18h,20.15h e 22.30h; pola semana, luns 19, mércores 21 e xoves 22 ás 21.30h.