Exposición do fotógrafo limián Alexandre Folgoso

expo raposo cartaz
Exposición do fotógrafo limián Alexandre Folgoso

No XPazo a partir de mañá venres 14 de xuño

expo raposo cartazEsta mostra fotográfica que xira entorno as máscaras do entroido tradicional galego e do norte de Portugal, caracterízase polo seu carácter experimental. O fotógrafo limián que traballa a fotografía analóxica, empregou unha técnica coñecida como revelado selectivo no que os líquidos reveladores foron aplicados de maneira parcial coa axuda de pinceis sobre o papel fotosensíbel. Deste xeito as máscaras retratadas son presentadas de maneira quase abstracta, establecendo un diálogo entre a propia xeometría das máscaras e as pinceladas que revelan a súa imaxe.


Alexandre Folgoso ( Xinzo de Limia, 1996) é un fotógrafo e filólogo graduado en Linguas Estranxeiras pola Universidade de Vigo e pola University of Manchester. Na actualidade traballa como docente mentras cursa estudos fotográficos e desenvolve a súa obra artística.
Ten realizado varias exposicións individuais do seu traballo e participado en mostras colectivas: sendo seleccionado no XV Certame de Fotografía da Universidade de Vigo, expoñéndose a súa obra na 35 edición do Outono Fotográfico no Campus de Ourense. O seu traballo tamén ten sido publicado en varios medios especializados tales como Contrafotografía ou Caleidoscópica Caderno de Fotografía.

img-2250