Os cánticos de Reis pola Limia, veñen da man do CDR O Viso
Os nenos e nenas da Limia vólven saír para cantarlle os Reis á veciñanza.
Da man do CDR O Viso e colaborando con diferentes organismos e entidades, un ano máis percorrerán moitos camiños da comarca os cantos dos Reis que anuncian a súa chegada.

Comezaron xa por Sarreaus nunha actividade organizada co CEIP local o xoves 22 de decembro e continuarán antes de que remate o ano en Baronzás e en Vilar de Santos dende a Arca da Noe.
ROTEIRO A PARTIR DESTA MESMA TARDE

Xa en xaneiro a programación percorrerá as aldeas de Boado, Lodoselo e Laroá antes de chegar o día 5 pola mañá a Sandiás da man da Concellaría de Cultura.
Logo dos correspondentes ensaios celebrados nas últimas semanas e dirixidos por Lucía Novoa, o equipo infantil está listo para cantar os Reis.