A Charanga XL pon fin a súa etapa musical

charanga xl
A Charanga XL pon fin a súa etapa musical
O 13 de abril a partir das 21:00 na praza Maior

A charanga XL envía esta nota de despedida que transferimos integramente

Achégase o día.

Para que as derradeiras nunca se esquezan, para poder despedirnos de todas e todos vós como se merece, a Charanga XL pon fin a súa etapa pero non sen antes dar unha última noite que fará tremer toda a Limia!!! Grazas a todos os Concellos, comisións e público en xeral que nos fixestes vibrar cada día que saímos a tocar.

XL
Charanga XL

Son mil experiencias as que nos levamos, por iso, o 13 de abril, estaremos todos os músicos que compartimos rutas durante estes anos. Dicimos adeus con lágrimas nos ollos, pero non pola tristeza, senón polo orgullo de poder representar Xinzo por máis de 200 lugares de Galicia, Portugal, Castela León, Asturias…solo vos pedimos que o fagades unha vez máis, anotade o 13 de abril nas vosas axendas e desfrutade por derradeira vez con nós, ao noso carón!♥️

Despois de moitos anos de actuacións ao longo de media España, unha das agrupacións musicais representantes da Limia, despídese como tal de todos. Pero antes quere dar o seu último concerto o próximo mércores 13 na praza Maior, lugar emblemático das súas intervencións sobre todo nas festas de Entroido.