Chega a fin de semana con moita música, cine e circo para os cativos

cultura venres
Chega a fin de semana con moita música, cine e circo para os cativos

Este venres a partir das 22.30h, a Arca da Noe, en Vilar de Santos, acolle un concerto de Jazz. Pilar Martínez coa súa voz deiletará ó público coa súa arte acompañada de Felipe Castro ó saxo e Javier Constenla ó piano.

O sábado 24 a Casa da Cultura de Xinzo presenta Concerto de Música e Cine, coa representación da banda sonora de filmes como Piratas do Caribe, Gladiator ou a exisota serie Xogo de Tronos. A cita é a partir das 20h. Colabora a Agrupación Musical da Limia e o Concello de Xinzo.

Un pouco máis tarde, na Arca da Noe, concerto de Felix Slim. Cantor, guitarrista e armonicista que chega dende Cádiz para ofrecer unha actuación de blues a partir das 22.30h.

Para pechar a noite do sábado, a Sala Clan de Xinzo presenta o concerto de Noite Fechada. O grupo de Cambados vén de gravar o seu primeiro LP e traen unha actuación cargada de sopresas. A cita é a partir das 00h e a entrada custa 2 euros.

O domingo 25 de outubro na Arca da Noe, concerto do irlandés Kevin Herm e da galega Su Pombo. Bossa, folk, jazz e latin a partir das 20h.

Os máis cativos teñen a oportunidade de asistir a un espectáculo de maxia e coreografías co circo Evolution. As funcións son este venres ás 19h e o sábado e o domingo ás 17h e 19,30. A carpa do circo está instalada na explanda do Toural de Xinzo.

A carteleira do cine Gesma estrea a pelicula a Praia dos Afogados, gravada en Galicia a raíz da novela de Domingo Villar. Un filme de suspense que se inicia coa sospeitosa morte dun veciño. O horario de sesións é ás 20.15h e 22.30h o venres 23, sábado 24, domingo 25, luns 26, mércores 28 e xoves 29.