O CMUS, fará dous concertos para o alumnado dos ceip de Xinzo

Programación musical de Xuño do CMUX de Xinzo
O CMUS, fará dous concertos para o alumnado dos ceip de Xinzo
O martes e mércores, 7 e 8 de xuño

Xuño, o mes máis intenso de todo o curso. A maiores de probas de acceso, exames extraordinarios, premios fin de Grado etc… mantemos a actividade lectiva até o 10 de Xuño mentres temos todos os ensaios dos tan ansiados concertos de fin de curso, que nesta ocasión súmanselles os concertos didácticos, que víronse retrasados por mor da situación epidemiolóxica, para poder garantir un desenrolo dos mesmos nas condicións óptimas.

Concertos Didácticos

O Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia, despois dun parón obrigado pola situación sanitaria, retoma os seus Concertos Didácticos dirixido ós nenos da comarca, coa intención de dar a coñecer o traballo que desenrolamos no Conservatorio e a oferta educativa que se lles ofrece, para poder comezar nas súas vidas os sendeiros da música. Nesta ocasión mudamos a ubicación habitual do concerto para garantir a seguridade de todos e todas os participantes empregando espazos abertos como escearios.

242
Concertos para os ceip Carlos Casares e Rosalía

Este ano organízanse dous Concertos en sesión matutina para os colexios C.E.I.P. Carlos Casares (Xinzo de Limia), C.E.I.P. Rosalía de Castro (Xinzo de Limia).

O MARTES 7 ÁS 11:00 H. o alumnado e profesorado do conservatorio trasladarase ó C.E.I.P. Carlos Casares, o cal albergará nas súas instalacións o concerto para que poida chegar o maior número de rapaces.

O MÉRCORES 8 ÁS 11:00 H. tócalle o turno ó C.E.I.P. Rosalía de Castro. Para este segundo pase o alumnado do colexio visitará e coñecerá a nova Praza da Música de Xinzo de LImia, inaugurada recentemente, onde terá lugar o evento. Esta actividade é un concerto no que o alumnado máis cativo é o protagonista, xa que é o encargado de deleitar ós seus compañeiros de colexio coas súas melodías. Neste concerto haberá unha representación de todos os instrumentos impartidos no centro para que o público asistente poida ver e escoitar todos eles tocando obras de moi diversos xéneros, dende música clásica, popular, bandas sonoras, música moderna.

Os concertos rematarán coa a orquestra do conservatorio que interpretará unha serie de obras de diversos autores e épocas, e como colofón final será a encargada de reunir a todos os nosos músicos e o propio público como músicos colaboradores para cantar e tocar xuntos o “Himno da alegría” de L. van Beethoven. Non hai mellor remate que unha xuntanza musical