Comezará este sábado o "novembro musical da Agrupación Musical da Limia"

Cartel Novembro Musical
Comezará este sábado o "novembro musical da Agrupación Musical da Limia"

Este sábado 6 de novembro a partir das 16:00 na Igrexa Nova

Este ano a Agrupación Musical da Limia ten programado todo un mes de música.

Catro serán as bandas de música que se poderán escoitar este sábado a partir das 4 da tarde na Igrexa Nova de Xinzo.

A Banda da Escola Municipal de Porriño será a primeira en ofrecer o seu repertorio para pasar logo a escoitar as bandas do CMUS de Verín e da Escola de Boborás.

Rematará esta xornada de música de bandas a anfitrioa Banda da Escola de Música da Limia.

Os seguintes 13,e 20 de novembro estarán dedicados a interpretacións corais e o día de Sta. Cecilia, patroa dos músicos haberá unha Misa solemne e as actuacións posteriores da Banda de Tenorio e da Agrupación Musical da Limia.