O. Ferreiro
13 de septiembre de 2017, 20:35
Este venres, ás 21:00 horas no Salón de Actos da Casa de Cultura, o monologuista e actor Serxio Pazos presentará o seu novo traballo "Afiando con humor".
O espectáculo chega a Xinzo de Limia da man da Deputación de Ourense e a Rede Provincial de Auditorios e Teatros, coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia. O artista recorre ao formato do monólogo para poñer en valor e relanzar a figura do afiador, que segundo Pazos, é o "mellor contador de historias". A entrada é de balde.