O Concello convoca un concurso de fotografías, debuxos e vídeos que documentarán o libro sobre como viven as familias o confinamento

Ramiro
O Concello convoca un concurso de fotografías, debuxos e vídeos que documentarán o libro sobre como viven as familias o confinamento
Os vídeos deberán estar colgados e accesíbeis en redes sociais (Facebook, Twitter, InstagramOs vídeos deberán estar colgados e accesíbeis en redes sociais (Facebook, Twitter, Instagram...

O Concello de Xinzo recompilará material gráfico para o libro que testemuñará o confinamento dende a óptica das familias cun novo concurso, este de fotografías, debuxos e tamén vídeos. Súmase así ao concurso de relatos que fixo público a semana pasada.

No concurso, que leva por título “Visións dende o confinamento”, poderán participar todos os veciñas e veciños, establecéndose tres modalidades (debuxo, fotografía e vídeo), con premios para cada unha delas.

RamiroOs debuxos e fotografías (orixinais ou escaneados, segundo o caso) deberán ser enviados por correo electrónico ao mail da Concellaría de Cultura: cultura@xinzo.gal, en calquera dos seguintes formatos: .jpeg, .png ou .pdf. acompañados do seu título e dos datos do autor ou autora: Nome e apelidos, idade, teléfono e mail de contacto.
Os vídeos deberán estar colgados e accesíbeis en redes sociais (Facebook, Twitter, Instagram, etc.) ou servizos de streaming (YouTube, Vimeo, etc.), neste caso enviarase ao mail da Concellaría de Cultura unha ligazón co enderezo URL no que pode ser visualizado.

Nos debuxos, a técnica a empregar é libre e poderase utilizar calquera método ou ferramenta manual ou dixital para a súa elaboración. As fotografías tamén poderán ser tratadas dixitalmente. Cada traballo deberá estar acompañado dun título identificativo, alusivo á idea ou mensaxe que se pretende transmitir.

Os vídeos deberán ter unha duración máxima de 2 minutos e 20 segundos e poden estar elaborados e montados con aplicacións de edición.

As obras serán orixinais e a temática deberá estar relacionada coa pandemia, a corentena, as súas causas, alcance e consecuencias, os colectivos que están a loitar en primeira liña contra a COVID-19 ou, en xeral, a visión da situación actual dende o confinamento.

Poderase concursar nunha ou varias das modalidades existentes, mais só se admitirá un traballo por modalidade por cada participante.

Os participantes Incluirán os datos do/a representante da unidade familiar ou colectivo autor do mesmo: Nome e apelidos, teléfono e mail de contacto.

O prazo de presentación rematará o 15 de maio de 2020 ás 24:00h, quedando excluídos os traballos recibidos fóra de dita data. Non se admitirán obras en formato físico.

PARA CONSULTAR AS BASES DO CONCURSO, PREME AQUÍ