O concerto “Converxencias” terá a Igrexa Nova como escenario e pechará os actos do Mes da Muller en Xinzo

converxencias- Concerto
O concerto “Converxencias” terá a Igrexa Nova como escenario e pechará os actos do Mes da Muller en Xinzo
Carmen Ferreiro, directora da orquestra do CMUS de Santiago de Compostela e María Mendoza, compositora e mestra do CMUS de Ourense, dirixirán a actuación, que dará comezo ás 20.00 horas

Marzo tivo rostro de muller en Xinzo de Limia. Que a loita pola igualdade se estenda máis aló do 8M é o obxectivo do Concello de Xinzo de Limia, que programou diferentes actos ao longo das últimas semanas. Para os próximos días agárdanse dúas citas. Sobre a fenda dixital e as inquedanzas das mulleres na tramitación administrativa e burocrática falarase mañá na Aula da Escola de Saúde Rural. Trátase dun asunto que preocupa cada vez máis e que o Concello quere achegar á poboación dentro dos actos previstos para conmemorar o Mes da Muller.

Para rematar a programación, o sábado día 26 organizouse o concerto

“Converxencias”da Agrupación Musical da Limia e no que as mulleres terán todo o protagonismo.

O espectáculo estará dirixido por Carmen Ferreiro, directora da orquestra do CMUS de Santiago de Compostela e María Mendoza, compositora e mestra do CMUS de Ourense. Comezará ás 20.00 horas e a Igrexa Nova será o escenario.