Concerto da pianista María Mendoza na Arca da Noe

false
Concerto da pianista María Mendoza na Arca da Noe

A pianista e compositora é unha das referentes galegas dos últimos anos.

María Mendoza, pianista e compositora de orixe asturiano pero afincada en Ourense dende hai máis dunha década, chega á Arca da Noe para deleitar a veciños e visitantes coa súa música.

Desde 2010 é membro da Asociación Galega de Compositores.

No ano 2002 desprázase a Galicia onde comeza os seus estudos de Composición no Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde foi profesora desta especialidade durante seis anos. Neste momento ocupa a súa praza como docente do departamento de Composición no Conservatorio de Música de Ourense. Como pianista clásica deu numerosos concertos polo País Vasco e Galicia, como solista, como pianista acompañante e en agrupacións de cámara. Teclista e colaboradora en grupos como Kresala, Marylynn, Avelaíña, Dobre Morgan, Mr.Magoo, Mcarballo, Madame Putufuá et Monsieur Quelquechose, The Tetas? Van e Gil & Mendoza.

Recibe numerosos encargos como compositora, entre eles da Banda de Música Municipal de Santiago, da compañía de danza Traspediante para o seu espectáculo "Up2down", do grupo Pentafonía, da Igrexa Española en Roma, da Fundación Cuña-Casasbellas, do grupo instrumental Século XX, dos Encontros Relixiosos Raíña dá Paz, do Festival de Música Antiga e Ciclo de Órgano de Xunqueira de Ambía, da Consellería de Educación de Galicia e de intérpretes galegos que están a facer carreira internacional e queren difundir a música feita aquí, en Galicia.

A súa peza para piano "Como queres que che rolde" foi premiada no concurso de composición Galician Folk Songs. Varias das súas obras contemporáneas foron publicadas por Periferia Sheet Music, Música Neo e a Consellería de Cultura de Galicia. Desde 2010 é membro da Asociación Galega de Compositores.