Concerto especial de bandas sonoras da Agrupación Musical da Limia

agrupación
Concerto especial de bandas sonoras da Agrupación Musical da Limia

Música e cinema en Xinzo de Limia.

Este sábado, día 1 de abril, a partires das 20:30 horas, o Auditorio da Casa da Cultura de Xinzo de Limia encherase de música e cinema.

Esta particular simbiose é posible grazas ao concerto de bandas sonoras orixinais que ofrecerá a Agrupación Musical da Limia para veciños e visitantes.

Baixo o título de "Música e cine", os asistentes poderán desfrutar das músicas orixinais dos grandes filmes da historia: A Bela e a Bestia, Los chicos del coro, A misión, El guardaespaldas... Coorganiza o Concello de Xinzo de Limia.