Concerto fin de curso Escola de Música da Limia

307
Concerto fin de curso Escola de Música da Limia

O domingo 10 as 18:00

O día 10 de xuño, ás 18.00 h da tarde, terá lugar a actuación de fin de curso organizada e levada a cabo polo ESMULI, grazas á colaboración do Concello de Xinzo de Limia, da Xunta de Galicia, da Deputación de Ourense, da Agrupación Musical dá Limia e do propio ESMULI.

Como pode verse no cartel, esta escola fai fincapé na necesidade da aprendizaxe de música nos nenos e nenas xa que, o feito de tocar nunha banda xera unha asociación, colaboración e compañeirismo entre os rapaces e rapazas que non provocan outras actividades ás que se lles dá máis importancia.

Doutra banda, tamén reivindican que a música é un excelente amigo do desenvolvemento psicomotor e creativo dos nenos e nenas así como unha potente ferramenta de expresión.