Concerto de Habitación Vudú en Montealegre

hab4bw
Concerto de Habitación Vudú en Montealegre

O grupo limián visita terras lusas da raia para deleitar ao público coa súa música.

O grupo limián Habitación Vudú actuará este venres, día 13 de outubro, na Praça do Municipio de Montealegre –en Portugal–. O concerto comezará a partir das 00:30 horas da noite do venres.

Entre maio e xullo de 2015 gravan o seu primeiro EP Flores Falsas en Estereoarte Estudos de Vigo.

Falar dos irmáns Freiria, Xusto e Jose, é falar de música. Os seus inicios remóntanse á súa mocidade, cando pasaban as tardes tocando xuntos. O tempo vai pasando, as ideas xurdindo e coa chegada de Rubén, un amigo baixista, consolídase o núcleo do que será Habitación Vudú. Son varias as formacións coas que se busca un estilo e un son propio, pero coa particularidade de conservar sempre o núcleo da banda.

É na primavera de 2014 cando se poñen ás ordes de Gonso e Anxo Bautista. No seu estudo Vila Angelina de Vigo, durante unhas xornadas de duro traballo, gravan os seus dous primeiros temas. O verán de 2014 foi un dos máis movidos da banda, debido aos concertos que se suceden por varios locais e festivais da provincia de Ourense.

O verán de 2016 Habitación Vudú conseguen consolidar a súa traxectoria xa que forman parte do cartel do Festival Cultura Quente de Caldas de Reis (Pontevedra).

Empezan 2015 cunha idea na súa cabeza, editar o seu primeiro EP. Póñense a traballar niso e a darlle forma a novas cancións e ao proxecto, mentres seguen facendo concertos que consolidan a traxectoria de Habitación Vudú. Entre maio e xullo de 2015 gravan o seu primeiro EP Flores Falsas en Estereoarte Estudos de Vigo. Aos mandos da produción está Luís Antelo e contan coa colaboración do recoñecido músico vigués Pablo Novoa en arranxos e gravación dalgunhas das guitarras.

cartel HV generico 2

Conseguen financiar a gravación, fabricación e publicación deste EP mediante unha campaña de micromecenado, que superou os 120 mecenas que achegaron ao proxecto. En abril de 2016, estrean o seu primeiro videoclip que leva por nome Flores Falsas, como a súa EP. Para iso contaron con Juanpa Ameneiros na dirección e realización do mesmo.

O verán de 2016 Habitación Vudú conseguen consolidar a súa traxectoria xa que forman parte do cartel do Festival Cultura Quente de Caldas de Reis (Pontevedra). Tamén nese mesmo verán son elixidos para abrir o concerto que The Gift daría en Montalegre con motivo das festas desa localidade lusa, celebrando os 20 anos de vida do grupo portugués.