Concertos de fin de curso do CMUS de Xinzo para o público en xeral

Concertos de fin de curso do CMUS de Xinzo para o público en xeral
Será dividido en tres sesións, xoves e venres 9 e 10 de xuño e o final o xoves 23 .Todos eles ás 20:00

Nesta ocasión, e para que poida asistir o maior número posible de público mantendo as precaucións que ata agora veñen implementando con moito éxito, o conservatorio dividirá o Concerto de fin de Curso, que anos atrás celebrábase nun só evento, en 3 pases.

244
Concerto fin de curso Vol. 3

Por unha banda o primeiro O XOVES 9 ÁS 20:00 H. o CONCERTO DE GRAO ELEMENTAL Vol. 1 e O VENRES 10 ÁS 20:00 H. ó CONCERTO DE GRAO PROFESIONAL Vol.2, Ambolos dous concertos celebraránse no Auditorio “Ángel Cocho” da Casa da Cultura de Xinzo de Limia.

Por outra banda e para rematar por todo o alto, O XOVES 23 ÁS 20:00 H. na Praza da Música de Xinzo de Limia, será o Vol. 3 dos nosos concertos de este ano, o Concerto de Clausura, no que participarán todas as agrupacións máis numerosas, como son Música e Movemento, Iniciación Musical, o Coro e a banda, grupos de cámara, etc…