O concurso literario do 8M, xa ten gañadoras e gañador

1
O concurso literario do 8M, xa ten gañadoras e gañador

Nun íntimo acto, por mor da pandemia, fóronlle entregados os agasallos na mañá do sábado.

“Sementeira” e “A outra cincenta” foron os relatos gañadores na categoría de 12 a 18 anos escritos por Laura Casado Vázquez e Paula Campo Quintas e “Chaira” e “Lenitas” foron os correspondentes a categoría de adultos, escritos por Iván Prado e Vanesa Rut.

cats

O gañador e as gañadoras, despois de recoller os premios da man da alcaldesa Elvira Lama, pasaron a ler os traballos gañadores.

Elvira Lama agradeceu a participación no concurso, esperando que en vindeiras edicións, a participación sexa cada vez maior. Resaltou tamén que o o relato gañador na categoría de adultos, fose escrito por un home. Recordar que o certame foi convocado co gallo da celebración do 8M, co título para este ano de Todas as mulleres= todos os dereitos, todos os días.