"Á conquista de Celanova"

Agrupación Musical da Limia en concerto
"Á conquista de Celanova"

No XV Certame Galego de Bandas

A Agrupación Musical da Limia participará o vindeiro fin de semana no XV Certame Galego de Bandas a celebrar no auditorio Ilduara coas dúas composicións musicais a Chikiband e a Agrupación Musical.

0061
Público asistente

CONCERTOS ENSAIO

Onte sábado pola noite as dúas formacións que dirixe o mestre Tielas ofreceu aos seus seguidores unha actuación a modo de ensaio coas dúas bandas que vai a presentar no certame de Celanova.

Comezaron os máis pequenos da banda Chikiband e rematou a actuación coa Banda principal. No certame cada banda deberá interpretar unha composición libre e outra igual para todas elas.

0041
Narradora nunha das pezas

Rematado o concerto tomou a palabra, como ven sendo habitual, o director das bandas, o mestre Tielas, para agradecer profundamente a todos os compoñentes das mesmas o seu esforzo, así como a todo o profesorado, e como non a todos os presentes, case todos familiares directos dos músicos.

0051
Flauta solista

Antes de rematar a súa intervención “Tielas” solicitou a comparecencia do presidente da asociación D. Jaime, o cal na súa intervención, ademais de agradecer a presenza de todo o público asistente, así como a dos músicos, non deixou pasar a ocasión para inquirir a alcaldesa, presente no concerto, a necesidade perentoria da construción dun novo auditorio, posto que como manifestou, pedindo perdón, “non somos menos que Celanova”.

0071
Banda Júnior

Elvira Lama tomou a palabra e recolleu o guante, como xa fixo ao principio desta lexislatura para dicir que se sigue gobernando, seguirá insistindo na necesidade dese novo auditorio a todas as autoridades supramunicipais.

0031
Chikiband
1
Banda Júnior