O conservatorio da música de Xinzo, tamén celebra o Entroido 2023

concerto ensemble saxos
O conservatorio da música de Xinzo, tamén celebra o Entroido 2023

Os días 15 e 16 terán unha programación musical especial

O Conservatorio ten no seu Calendario escolar diversas actividades programadas ó longo do curso para fomentar e difundir a música entre o propio alumnado e o resto de rapaces da comarca. Entre elas atópase o Entroido, festexo tan propio e relevante da nosa vila.

A vindeira semana, dende o Luns 13 ata o Venres 17, dedicarémonos a facer música dun xeito diferente. Estes días os rapaces poderán vir disfrazados ás clases, xa que estamos a continuar coa actividade lectiva, pero sin esquecer que son días de troula e festexo.

cmus- entroido
cmus- entroido

Dentro das actividades que realizarán nestes días, xunto a colaboración do Concello de Xinzo de Limia, o Mércores 15 ás 20:00 h. no Auditorio “Ángel Cocho” da Casa de Cultura de Xinzo de Limia, haberá un concerto a cargo do ensemble de saxos do Conservatorio Superior de Música de Vigo “Vigo Saxophone Studio’23” que interpretará un repertorio moi variado para o público asistente. Dito concerto será en aberto e gratuito ata completar aforo.

Por outra banda, o Xoves 26 o conservatorio organiza unha audición interna e cerrada para o seu alumnado.

Ó remate da mesma farán o concurso de disfraces grupales, no que todos os grupos por curso, dende os máis cativos de Música e Movemento e Iniciación Musical, ata 6º curso de Grao Profesional, despois de arduas deliberacións terán que decidir a temática e organizar unha performance para presentar o seu disfraz ante o xurado, conformado polos delegados de todos os cursos. Promete ser un concurso moi disputado. Ao remate do concurso e posterior entrega de premios haberá algunha sorpresiña máis.