Continúa o certame de teatro galego de Xinzo

267
Continúa o certame de teatro galego de Xinzo

O sábado 19 de maio ás 19:30 terá lugar a obra “Os cornos son cousa de 3”

O sábado 19 de maio ás 19:30 terá lugar a obra “Os cornos son cousa de 3” no Auditorio Municipal “Ángel Cocho” da Casa de Cultura de Xinzo de Limia.

Esta obra, representada polo grupo de teatro Tiruleque e enmarcada no III Festival en Galego de Xinzo de Limia, é posible grazas ao Concello de Xinzo de Limia, á Deputación de Ourense e á reaOU.

O elenco desta divertida comedia compóñeno David R. Tomei, Pepe Prada, Rubén Martínez, Rosa María Villar, Lidya Almonte Óscar Cid, Rita Freigenedo, María do Carmen Fernández Carreiro, Aurora González, Belén Opazo, Vanesa Igrexas. E está dirixida por Pepe Prada. A obra dura 75 hilarantes minutos.


O Concello invita a todos a pasar uns intres divertidos na tarde do sábado.