13 de octubre de 2021, 20:37
Este sábado 14 a partir das 16:30 o pad4roado do museo da Limia organiza unha “conversa de taberna”, un acto máis dos que este ano organizarán para conmemorar o centenario do nacemento de Antón Tovar.
Participarán na conversa, Xesús Alonso Montero, poeta, ensaísta, expresidente da RAG, Xosé Lois García Fernández, escritor, articulista e Delfín Caseiro Nogueiras, presidente do Padroado do Museo da Limia
MÚSICA EN DIRECTO
Ademáis das conversas o acto terá unha parte musical en directo da man do cantautor Anxo Rei, autor do CD “A Rabela da Pluma” con versos do poeta homenaxeado.
A entrada o acto será gratuita.