A Corte dos Bois acolle esta noite o mellor rock dos 80 cun concerto de Puke Rainbows

16299874_1830244693858339_799402657499557809_o
A Corte dos Bois acolle esta noite o mellor rock dos 80 cun concerto de Puke Rainbows

Puke Rainbows é unha banda de versións formada en Ourense en 2016.

Esta noite, a partir das 23:00 horas no local limián da Corte dos Bois –situado na localidade sandiá de Santa Ana– terá lugar un intenso concerto da banda ourensá emerxente Puke Rainbows.

Puke Rainbows é unha banda de versións formada en Ourense en 2016. Os estilos que toma como punto de referencia son a música disco e o rock internacional dos anos 80 –cun filtro que atende máis ao estilo que á súa cronoloxía estricta–. O seu cometido no escenario é facer choutar a toda aquela xente que se lles poña por diante, xa que cren que a «universalidade» deste estilo pode facer confluír a xente de moi diversas idades, gustos e círculos sociais.

29177328_1692632760782354_5873965623842701312_n

O encanto dos sintetizadores, a pegada das guitarras, as inesquecíbeis melodías da voz e o groove da batería e do baixo fan que cada velada sexa un momento especial.

Os amantes da boa música dos 80 e dos 90 teñen unha cita ineludíbel esta noite na Corte dos Bois con Víctor, Raquel, Tato e o resto de excelentes músicos que compoñen Puke Rainbows.