O. Ferreiro
3 de enero de 2017, 0:27
O primeiro concerto do ano no local cultural A Corte dos Bois –situado en Santa Ana (Sandiás)– será, segundo os propios organizadores "algo moi especial". Xuntaranse dous grandes grupos como son "Mitocondrias" e "The Carallos" para unha actuación única. O resultado chámase "Blind, drunk and blue", unha súper banda que fai blues e rock "de alta calidade". Terá lugar o vindeiro sábado, día 7 de xaneiro, na Corte dos Bois ás 23 horas da noite.