A Corte dos Bois en Sandiás acolle unha exposición de arte feita pola xente de Limisi

limisi
A Corte dos Bois en Sandiás acolle unha exposición de arte feita pola xente de Limisi

A cita é o sábado a partir das 18h

A taberna de A Corte dos Bois en Santa Ana, Sandiás, organiza unha tarde cultural para este sábado 3 de outubro. A partir das 18h da tarde inaugúrase unha exposición artística das obras realizadas no Obradoiro Limisi. O mesmo tempo tamén se vai expor unha sesión fotográfica feita á xente de Limisi da man do fotógrafo Oscar Pinal e que van ser a esencia dun calendario solidario que sairá á venda nos vindeiros días.

A partir das 21h comezará un concerto de rock alternativo da man da banda Xerock Música e Discapacidade, que chegan dende o centro San Xerome en A Guarda.

Os asistentes poderán disfrutar dunha merenda á que convida Limisi e que contan coa axuda e colaboración Limia Xuventude. Tódalas actividades son de balde.