"Crónicas do Paraíso" de Sarabela Teatro chega a Xinzo este sábado

"Crónicas do Paraíso" de Sarabela Teatro chega a Xinzo este sábado
Mañá, 23 de xullo, a obra Crónicas do Paraíso chega á Praza Carlos Casares

Mañá, 23 de xullo, terá lugar na Praza Carlos casares a obra Crónicas do Paraíso, unha historia inspirada nas Crónicas do Sochantre de Álvaro Cunqueiro con texto de Fernando Dacosta. Será ás 22:30 horas.

Sarabela Teatro é quen organiza esta obra que se vai reproducir en Xinzo. Gonçalo Guerreiro é o creador e director da obra, e os intérpretes serán Fina Calleja, Sabela Gago, Fernando Dacosta, Fran Lareu e Elena Seijo.