Da comezo o III Ciclo de Jazz da Corte dos Bois

Cartel facebook
Da comezo o III Ciclo de Jazz da Corte dos Bois

Unha oportunidade única para que os máis melómanos poidan desfrutar da boa música nestas terras do sur de Ourense.

O local cultural –e musical– sito en Santa Ana (Sandiás) da comezo este sábado á terceira edición do seu Ciclo de Jazz –o único de toda a comarca da Limia–. Desta volta serán tres os concertos dos que veciños limiáns e visitantes amantes do jazz poderán desfrutar nos próximos días.

Este sábado, día 8 de abril, abrirá o ciclo o concerto do galego Xacobe Martínez Antelo "trío". Os tres concertos son unha boa mostra do alto nivel jazzístico en Galicia –e algún mesmo de todo o Estado, segundo confesa o propietario do local–.

Unha oportunidade única para que os máis melómanos poidan desfrutar da boa música nestas terras do sur de Ourense.