A efectividade dun interrogatorio, a debate nas xornadas para maiores da USC que se centraron na criminoloxía e na análise de pegadas

2ª xornada USC en Xinzo
A efectividade dun interrogatorio, a debate nas xornadas para maiores da USC que se centraron na criminoloxía e na análise de pegadas

Os asistentes tiveron ocasión de presentar as súas dúbidas a experta Ana Moure, graduada en Ciencias Políticas e Criminoloxía, que tamén abriu o debate sobre a reinserción dos acusados e outros temas de interese

As técnicas que deben empregarse para facer un bo interrogatorio. Este foi un dos temas que se debateron nas xornadas para maiores de 50 anos da USC que se desenvolven en Xinzo e que tiveron a a Ana Moure, graduada en Ciencias Políticas e Criminoloxía, como experta. Os asistentes puideron presentar as súas dúbidas na charla que levou por título “Introdución á criminoloxía e política criminal” e a esta tamén asistiron oíntes atraídos pola interesante temática. A reinserción dos culpables de diferentes casos foi outros dos temas sobre o que se puido opinar. Está previsto que a programación continúe pola tarde cunha sesión práctica para a resolución de casos.

As xornadas da USC aínda teñen moito que ofrecer este mes. A última sesión da programación está prevista para o 24 de abril e nesta falarase sobre as medidas preventivas fronte ao contaxio de enfermidades no que poderán participar os asistentes cun debate. Sergio Cinza Sanjurjo, médico de Atención Primaria, dirixirá o encontro.