15 de noviembre de 2021, 20:36
Un dos días grandes da Limia no eido cultural, é o que escolle o Museo Etnolóxico da Limia para facer entrega do seu premio Pedra Alta, que este ano concederon por unanimidade os membros do seu consello reitor a asociación de Diversidade funcional da Limia LIMISI.
O acto comezará ás 11:30 cunha visita dos presentes ao Museo da Limia. Ás 12:00 celebrarase o acto de entrega da estatua identificativa do premio, unha figura feita en pedra polo escultor limiá Xosé Lois Carreira.
Posteriormente todos aqueles que queiran poderán desfrutar un xantar cos membros do Museo, amigos e galardoados, iso si, previo pago a escote do custe do menú.