Entregados os premios dos concursos de debuxo

Gañadores é público acompañante
Entregados os premios dos concursos de debuxo

Unha cuberta para Florencio Delgado Gürriarán e o 50 aniversario do Principiño de Carlos Casares.

Elvira Lama, alcaldesa de Xinzo estivo acompañada na entrega dos galardóns por Javier Casares Mouriño, Ramiro Suárez Manolo R. Campos encontrándose entre o numeroso publico asistente profesoras do IES. Lagoa e do CEIP Carlos Casares.

Momento distendido polo erro nun apelido da gañadora Xiana

Segundo palabras da alcaldesa, o xurado tivo moi difícil seleccionar aos premiados entre os traballos presentados, tanto polo número deles como da calidade.

Agradeceu a presenza da maioría dos premiados no salón e a continuación foi lendo o nome dos premiados facendo entrega dos diplomas e dos agasallos.

Accésit con dotación económica de 1º premios

O xurado decidiu outorgar dos accésit con dotación como de primeiros premios a Brais Dasairas Corbillón e Xiana Carballo Rivera, ambolosdous do IES LAGOA DE ANTELA polas obras “A lúa branca” e “Bela”