O Entroido inunda o Marcos Valcárcel coas esculturas de Piquico

Inauguración da exposición \“Entroido, mobiliario, vestido, escultura\”
O Entroido inunda o Marcos Valcárcel coas esculturas de Piquico

Peliqueiros, felos, vergalleiros, pantallas, madamitas ou a pita convértense en mobles-esculturas policromados na exposición “Entroido. Mobiliario vestido”

O Entroido a través dos seus personaxes é o protagonista absoluto da exposición “Entroido. Mobiliario vestido” do escultor ourensán A. M. Rodríguez Romero “Piquico”, mostra inaugurada esta tarde no Marcos Valcárcel da Deputación -estará ate o 26 de febreiro- coa presenza da deputada Luz Doporto; o director do centro cultural, Francisco González; e o propio artista.

Na súa intervención, Luz Doporto resaltou a potencia dunha mostra que reflexiona acerca do Entroido a partir de “obras tremendamente libres” e nas que ten un especial protagonismo a madeira, con pezas de gran formato como “Rotonda do Entroido”, de máis de 5 metros e que acolle a peliqueiros, cigarróns, felos ou pantallas, entre outros personaxes da festa por excelencia de Ourense.

-20.00 horas: Inauguración da exposición “Entroido, mobiliario, vestido, escultura”.- A deputada Luz Doporto participa na inauguración da exposición “Entroido, mobiliario, vestido, escultura”, de Piquico. Estará acompañada polo director do Marcos Valcárcel, Francisco González, e o propio artista. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.
Inauguración da exposición “Entroido, mobiliario, vestido, escultura”.Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.

“O Touro de Celavente” nace dunha mesa reconvertida dun confesionario, a “Mázcara de Buxán” -O Bolo- é un botelleiro e “A Pita de Eiroás” é un banco-escritorio, nun universo onde todo está permitido e no que unha Libeliña-pantalla de 3 metros voa por enriba de nós.

O director do Marcos Valcárcel salientou o compromiso deste centro cultural co Entroido e lembrou a programación de diferentes mostras vencelladas a esta celebración nos últimos anos.

Pola súa banda, o historiador da arte Luis Antonio Vázquez Estévez lembra que “o Entroido alude a ese paraíso no que todo está permitido, onde o home racha as barreiras xerárquicas con total liberdade, relativiza o poder e establece as súas propias normas para acadar finalmente o camiño do irracional e excesivo durante un período limitado”.

O Entroido, explica Vázquez Estévez, “vén sendo a inmortalidade do pobo. Velaquí, do mesmo xeito, a liberdade creativa de Piquico racha moldes no concepto e a forma. O concepto consiste en tallar esculturas aparentemente funcionais, esculturas-moble, pero este non é o seu fin fundamental, aínda que si parte do seu sentido. A escultura é un personaxe vivo na acción do Entroido, pero aquí, inmóbil, é xa un moble ou una escultura-tótem”.