“O entroido de Xinzo de Limia” de Edelmiro Martínez Cerredelo "Miro".

Presentación do libro do entroido
“O entroido de Xinzo de Limia” de Edelmiro Martínez Cerredelo "Miro".
Este venres 19 será presentado o libro no salón da Casa da Cultura

Aínda que o libro xa viu a luz fai unhas semanas, a Casa da Cultura será o escenario no que se levará a cabo o acto literario que contará coa intervención do autor, Edelmiro Martínez Cerredelo, e con Federico Cocho e Antón Riveiro Coello como convidados especiais.

Trátase dun ato cultural moi agardado polos veciños de Xinzo de Limia. Esta fin de semana o Concello, a través da concellería de Cultura, retoma a programación dunha presentación literaria que tivo que pospoñerse o pasado mes de setembro e que conta cun significado especial. En concreto, darase a coñecer a obra que leva por título “O entroido de Xinzo de Limia”. Será o venres día 19 de novembro a partir das 20.00 horas e terá a Casa de Cultura como escenario.

Está previsto que a alcaldesa, Elvira Lama, presente o libro e que interveñan o edil de Cultura, Ramiro Rodríguez; o presidente da Asociación A Pantalla, Carlos Valle Rivera; o escritor Antón Rivero Coello; o tamén escritor e xornalista Federico Cocho de Juan e o autor, Edelmiro Martínez Cerredelo.