O. Ferreiro
15 de junio de 2017, 21:54
Coa fin dos cursos académicos, proliferan os festivais, celebracións e concertos. Onte informabamos do concerto de fin de curso do Conservatorio Profesional de Música de Ourense. Hoxe informamos de que este domingo, a partir das 19:00 horas, o Auditorio da Casa da Cultura de Xinzo de Limia, acollerá o concerto de fin de curso dos alumnos e alumnas da Escola de Música da Limia, pertencente á Agrupación Musical da Limia.
No concerto colabora o Concello de Xinzo de Limia e a Deputación de Ourense. A asistencia é de balde para todos os familiares dos alumnos e demáis veciños e visitantes.