Escolares de Xinzo visitan o Centro de Interpretación da Lagoa

Alumnado do Ceip Rosalía de Castro na visita a Sandiás
Escolares de Xinzo visitan o Centro de Interpretación da Lagoa

PRETO DE 30 NENOS E NENAS DO CEIP ROSALIA DE CASTRO DE XINZO DE LIMIA VISITARON O CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA LAGOA

Viñan de ver a gran Dama da Lagoa en Xinzo e viñan moi emocionados a realizar a visita a Casa da Lagoa. Acudiron preto de 30 nenos e meniñas moi atentos e interesados xa que están a preparar un traballo sobre a Lagoa de Antela, polo que fixeron moitas preguntas. Viñeron acompañados de catro educadoras.

Descubriron a Casa da Lagoa e a historia, lendas, flora, fauna, recursos económicos perdidos da primixenia Antela. Todo iso a través da nosa exposición con pezas históricas, etnográficas, fotografías antigas, vídeos, paneis interactivos. Unha actividade da que disfrutaron foron os contos e lendas dramatizados sobre a Lagoa, en concreto o “nacemento da Lagoa” e a “princesa ra”.

Na planta de arriba gozaron vendo a flora e a fauna e a flora e tamén moito cos xogos interactivos sobre os cantos dos páxaros e o xogo da ra.

Os responsabeis do Centro agradeceron a visita dos escolares, esperando velos pronto outra vez