Exposición dobremente solidaria en Xinzo

Momento da inauguración
Exposición dobremente solidaria en Xinzo

A pintora non sabía nada da mesma

Esta tarde na Casa da Cultura de Xinzo estase a ver a exposición de pintura que máis público achegou a mesma na súa inauguración e a máis efémera.

Esta mesma tarde recolleranse os cadros.

6
Isabel Martínez (A pintora)

Que Isabel Martínez é unha pintora autodidacta e de amplo aspecto , sábeno os seus amigos, eses que sen ela sabelo recolleron durante dous meses cadros polas casas dos amigos que os tiñan, polos cales non habían pagado nada, posto que a pintora os foi regalando, e xuntáronos na sala de exposicións da Casa da Cultura, para que Isabel tiveseo seu día de gloria”.

E “a boa fe” que o está tendo. Como en toda inauguración que se prece, non faltou a empanada, a tortilla, o viño.. e por suposto a música. Pero o que si fai esta diferente a outras exposicións é que a propia pintora non sabía nada que nesta tarde de sábado de Semana Santa, os seus cadros e ela mesma fose a protagonista da tarde.

Exposición dobremente solidaria.

Dicimos que é unha exposición dobremente solidaria porque os cadros foron doados altruistamente pola pintora e altruísta por parte dos seus amigos que montaron todo. Loxicamente ademais dos parabéns por parte de todos os presentes as lágrimas de alegría neste caso tamén están presentes en todos.

15

EXPOSICIÓN EFÍMERA E DIFERENTE

Por outra banda, esta é a exposición máis efémera da historia, posto que soamente estará aberta esta tarde e especial, porque os cadros e pinturas, non están para que os vexa o público, que tamén, si non é para que a autora poida ver os seus cadros expostos, cousa que pola súa maneira de ser, repetimos tan altruísta, nunca pensou que tal cousa chegara.

expo 2

expo 3
Expo 4