Exposición fotográfica transfronteiriza sobre o río Limia-Lima

Imaxe da exposición
Exposición fotográfica transfronteiriza sobre o río Limia-Lima
O Marcos Valcárcel acolle esta exposición a partir do vindeiro martes

Tres fotógrafos ourensáns e tres portugueses documentaron o recorrido do río dende o seu nacemento no Monte Talariño, en Sarreaus, ata a súa desembocadura en Viana do Castelo.

1212121212
O río Limia en Sarreaus (Imaxe exposición)

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acollerá entre os días 3 e o 17 de maio a exposición “Río Limia-Limia. Caudal de emocións”, coas mellores fotografías dos fotógrafos profesionais que documentaron o itinerario transfronteirizo perfilado, na parte galega, pola Deputación de Ourense a través dos 11 concellos galegos bañados polo río Limia-Lima.

Esta acción está enmarcada dentro do proxecto Fronteira Esquecida, cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, cuxo obxectivo principal é potenciar os recursos naturais e culturais do río Limia-Lima, e a súa contorna, e en base a iso crear e desenvolver unha estrutura de xestión e promoción conxunta que potencie o aproveitamento turístico da zona.

Dentro das actividades deste proxecto creouse este itinerario fotográfico que, agora, deriva na exposición “Río Limia-Limia. Caudal de emocións” no Centro Cultural Marcos Valcárcel, coas mellores imaxes do territorio que baña o río Limia-Lima, desde o seu nacemento no Monte Talariño (Sarreaus) ata a súa desembocadura en Viana do Castelo, realizadas por profesionais portugueses -Pedro Cerqueira, Eduardo Pimenta e Miguel Costa- e ourensáns -Paco Rocha, Rosa Veiga e Miguel Souto-.