Exposición con gravados orixinais de Picasso, Miró, Barceló e Tapies entre outros

2020_07_multiple
Exposición con gravados orixinais de Picasso, Miró, Barceló e Tapies entre outros

Todo o mes de agosto na Fundación Casa dos Poetas en Celanova

A Casa dos Poetas acolle durante o mes de agosto unha exposición con gravados orixinais de Picasso, Miró, Barceló e Tapies entre outros. Organizada pola Fundación Abanca, a mostra MÚLTIPLE poderédela visitar de martes a sábado. Non esquezades traer a mascarilla!

2020_07_multiple

A través dos artistas máis destacados do século XX español, esta exposición pretende
dar a coñecer as técnicas tradicionais do gravado calcográfico nas súas variantes,
nomeadamente, a xilografía, a litografía e a serigrafía. En ocasións, a delimitación entre
unha técnica e outra non é nitida xa que os artistas actuais son capaces de mesturaren
as distintas técnicas e mesmo de inventaren outras novas.
Algúns dos autores desta exposición serán Miró, Dalí, Picasso, Soledad Sevilla, Tápies,
Equipo Crónica, Miquel Barceló, Susana Solano Jorge Castillo entre outros.

IMG_20200730_131024 (Copiar)

Inauguración da exposición esta mesma mañá