Unha exposición de pintura de “moito peso”

Acto de inauguración
Unha exposición de pintura de “moito peso”
Esta tarde abriu a exposición de cadros pintados sobre pizarra do artista Benigno Torres López

Esta tarde abriu a exposición de cadros pintados sobre pizarra do artista Benigno Torres López

Varios cadros da exposición

Unha nova exposición de pintura, esta vez moi especial, posto que os cadros están pintados sobre lousas (pizarra) das canteiras de O Barco e que despois dun gran traballo de imaxinación e tamén de forza, dan un resultado distinto a calquera outro método de pintura.

O 90% das pezas que expón na Casa da Cultura de Xinzo está dedicada a Muller, neste caso a súa nai.

O proceso de como se leva a cabo explícao o propio autor no vídeo.

Benigno Torres López (pintor) explicando o proceso de pintura

AGRADECEMENTOS POR PARTE DA ALCLADESA

Á inauguración asistiron a alcaldesa Elvira Lama, o portavoz e candidato do PP Antonio Fernández (Toni) así como invitada especial a ex. concelleira de Xinzo, Conchita Rúa, compañeira de carreira do pintor, así como o escritor Miro e o concelleiro Rafa Penabad.

Elvira, na súa intervención puxo de manifesto o agradecemento de que esta exposición que xa leva percorrido moitas salas de Galicia e Portugal, estee precisamente neste mes na vila, unha semana antes da conmemoración do 8M.

Seguindo as explicacións sobre cadros moipersoais

"O trabalho de Benigno Torres López é esteticamente de grande beleza que emociona e cativa a sensibilidade do espectador. O artista consegue, a través de um elemento da natureza, como é a ardósia, combinar com elegância a linha e a cor, dando um sentimento de movimento e liberdade. Joga com o espaço de forma majestosa, dando uma sensaçâo de realismo. O seu espírito livre e inquieto e a sua sensibilidade está presente na sua obra" -Montse Martínez i Cañas-