martes 7/12/21

Fin de semana cheo de actos culturais na Limia

Presentación do libro sobre o Entroido; Entrega do premio Pedra Alta é Festival de Bandas de Música
axenda cultural fin de semana 19.11.21
axenda cultural fin de semana 19.11.21

Ampla programación cultural para este fin de semana de Outono na comarca da Limia

PRESENTACIÓN DUN LIBRO SOBRE O ENTROIDO

Hoxe venres a partir das 20:00, na Casa da Cultura de Xinzo de Limia terá lugar a presentación do libro de “Miro” sobre o Entroido de Xinzo de Limia.

Acompañarán ao autor da obra os escritores limiás Federico Cocho e Antón Rivero.

Intervirán no acto o concelleiro de Cultura de Xinzo e o presidente da Asociación A Pantalla.

ENTREGA DO PREMIO PEDRA ALTA 2021

O  sábado, ás 12:00 h, será a entrega do Premio Pedra Alta de 2021, que nesta IV edición lle concedeu o Museo da Limia a LIMISI.

Cristina Margusino, Xefa do equipo de Atención Primaria de Xinzo, fará a Laudatio. Araceli Losada Lamas (secretaria da asociación Limisi) e Eulogia Ferreiro López (Presidenta da Asociación Limisi) intervirán en nome de Limisi.

MÚSICA DE BANDAS

Como remate do “novembro musical” organizado pola Agrupación Musical da Limia o sábado a partir das 20:00, na Igrexa Nova de Xinzo haberá dous concertos ofrecido pola Banda de Música de Tenorio e a Agrupación Musical da Limia.