“Historia musical da Limia” derradeiro libro de Edelmiro Martínez (Miro)

Presentación do libro Historia da Música de Xinzo
“Historia musical da Limia” derradeiro libro de Edelmiro Martínez (Miro)

Unha historia da música en Xinzo dende a metade do século XVIII

O escenario da Casa da Cultura foi o lugar escollido para presentar o octavo, e derradeiro (segundo as propias palabras do autor) libro dedicado a Xinzo , neste caso a música e aos músicos que deu esta terra.

Presentación libro 8jpg
Autoridades e autor durante as actuacións musicais

Elvira Lama, alcaldesa de Xinzo, foi a primeira en tomar a palabra para agradecer o traballo realizado por Miro para recompilar no seu libro a historia musical de Xinzo tan abundante durante os últimos séculos e con tanto futuro, gracias as dúas entidades municipais, conservatorio e escola de Gaitas, así como a Agrupación Musical.

Falou despois o concelleiro de Cultura, para outra vez agradecer o esforzo por parte do autor, para recompilar todos os datos que aparecen no libro.

É unha gran satisfacción participar na presentación deste traballo de Miro- Esmeralda Marra

Tomou despois a palabra Esmeralda Marra, directora do CMUS para facer unha reseña do que podemos atopar no libro que se estaba a presentar.

Presentación libro 6
Xabier e Uxía

A música é unha parte moi importante na vida cultural, social, festiva e tamén formativa da xente, e aquí na nosa comarca non o é menos. Miro recórdanos neste libro, continuou dicindo Esmeralda, que a música ten múltiples finalidades: expresar sentimentos, mostrar emocións, representar circunstancias, pensamentos.... Que a música é o principal medio de expresión artística. A música acompáñanos dunha maneira ou de outra en toda a nosa vida.

Como sería o Entroido sen a música?. E se na procesión do Corpus, non soasen as marchas de procesión das bandas de música e gaitas? Que farían os danzantes de Lamas se a música? ...E a romaría da Sainza?, foron algunhas das preguntas que lle facía ao público asistente a presentación, para resaltar a relación da nosa vida coa música.

Fixo logo referencia a algún dos datos máis significativos que aparecen, segundo ela no libro. Nesta historia podemos ir descubrindo un percorrido cronolóxico no que atopamos dende un primeiro gaiteiro, Francisco de Limia do pobo de Damil, ala pola metade do século VVIII que figura como oficio “gaiteiro” e que tiña un soldo de cen reais anuais, ata o guitarrista Eulogio Gallego fillo dun matrimonio que rexentaba unha pousada en Xinzo e que tivo a gran fama como intérprete alo polo ano 1900.

Presentación libro 5
Miguel e Raquel

Poder contar nesta vila cun Conservatorio Profesional, cunha Escola de Gaitas e Percusión e xa máis tarde coa Agrupación Musical da Limia, fai que nenos e nenas, mozos e mozas e tamén adultos podan acceder dun xeito mais doado a unha formación e unha actividade musical sen ter que trasladarse.

Rematou a súa intervención manifestando que

é un orgullo pertencer a esta historia. Moitas gracias Miro, por contala, os músicos limiaos estamos en débeda contigo.

Presentación libro 3
Grupo de gaiteiros e percusión da Escola

Fernando Dopico precedeu na palabra ao autor do libro, facendo unha reflexión moi particular sobre o momento en que o ser humano comeza a escoitar a música, explicando que moito antes do nacemento, estando no ventre da nosa nai, xa comezamos a escoitar un tambor, que non é nin máis nin menos que o latexar do corazón.

Agradeceu persoalmente a Miro que fixera o esforzo de poñer en orden a gran cantidade de datos que aparecen no libro, e que si non fora por el, de momento quedarían solo no recordo de moita xente, soamente.

Agradecemento expreso ao Concello de Xinzo

O autor Edelmiro Cerredelo (Miro) comezou a súa intervención agradecendo profunda e sinceramente ao Concello de Xinzo por facerse cargo da edición deste libro sobre a historia da música en Xinzo, que segundo el mesmo dixo é o derradeiro dos oito que leva escritos e que pasou a enumerar.

Historia da Musica de Xinzo, é un traballo que fixen con moita ilusión e para o cal tiven moita xente que colaborou desinteresadamente , as cales llo agradezo sinceramente, posto que sin. esa colaboración sería imposible a realización deste libro pola ausencia total de rexistros sobre este tema.

Presentación libro 4
Público asistente esperando a firma do exemplar

Antes e despois do acto de presentación actuaron alumnos do CEMUS coa interpretación de pequenos fragmentos de obras clásicas a guitarra, piano e frauta e para rematar un grupo de gaiteiros e percusionistas da escola de Gaitas e Percusión de Xinzo acompañados polo director Fernando, rematando así o acto.

Presentación libro 7